Copa da UEFA 2006-07
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Copa da UEFA 2006-07 foi unha competición futbolística de clubs disputada entre xullo de 2006 e maio de 2007, coa participación total de 155 equipos distintos, representantes de 52 federacións nacionais afiliadas á UEFA
Tipo | UEFA Europa League ![]() |
---|---|
Deporte | fútbol ![]() |
Organizador | UEFA ![]() |
Número de participantes | 30 ![]() |
Participantes | |
Localización e Datas | |
Período de tempo | tempada 2006-2007 ![]() |
Intervalo de tempo | 13 de xullo de 2006 – 16 de maio de 2007 ![]() |
Número de edición | 36 (2006) ![]() |
Competición | |
Primeiro posto | Sevilla Fútbol Club ![]() |
Datos estatísticos | |
Partidos | 219 ![]() |
Gol | Walter Pandiani↔ RCD Espanyol (11) ![]() |
Para clasificarse definitivamente á fase final da competición disputáronse dúas roldas clasificatorias, que comezaron o 13 de xullo de 2006, onde 32 equipos de entre un total de 99 uníronse aos outros 48 clasificados directamente para a fase final. A fase final da competición iniciouse en setembro de 2006, con 80 equipos competindo polo trofeo que anteriormente tiña no seu poder o Sevilla FC, trala súa vitoria no 2006. Esta fase final consta dunha primeira rolda xogada os días 14 e 28 de setembro, e despois unha fase de grupos de cinco equipos cada un, onde se xogaron unicamente catro partidos, cada equipo recibiu na súa casa a outros dous contrincantes, e fixo dúas visitas. Estes catro partidos foron entre os días 19 de outubro e 14 de decembro.
O día 14 de febreiro e 22 de febreiro en eliminatorias directas con dúas voltas comezaron os dezaseisavos de final, e con este sistema de competición chegouse á semifinal, os días 26 de abril e 3 de maio. A final, a partido único, tivo lugar en maio de 2007 no Estadio Hampden Park, en Glasgow, Escocia, que acolleu a súa primeira final de Copa UEFA, aínda que anteriormente acollera ata un total de tres finais da Champions League.