Copa Galicia de fútbol 1949/50
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Copa Galicia 1949/50 foi unha competición de fútbol organizada pola Federación Galega de Fútbol na que participaron o Club Deportivo Xuvenil, a Sociedade Ximnástica Lucense, o Racing Club de Ferrol, a Unión Deportiva Orensana, o Real Club Celta de Vigo, o Arosa Sociedad Cultural, o Pontevedra Club de Fútbol e o Club Santiago. O Racing de Ferrol xogou fóra da casa os partidos que lle correspondían como local por se atopar en obras o campo do Inferniño.[1] Os partidos tiveron lugar entre maio e xullo de 1950. Os equipos foron divididos en dous grupos, norte e sur, disputándose cada grupo en forma de liga a dúas voltas, e avanzando cara a final o vencedor de cada cada grupo. Clasificáronse para a final o Deportivo Xuvenil, gañador do grupo norte,[2][3] e mailo Celta de Vigo, gañador do grupo sur.[4][3] A final non se disputou polas renuncias do Celta e a Federación Galega de Fútbol proclamou campión ao Deportivo Xuvenil tres anos despois.[5]