Cooper Car Company
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Cooper Car Company foi fundada en 1946 por Charles Cooper e o seu fillo John Cooper. Xunto co amigo da infancia de John, Eric Brandon, comezaron a construción de coches de carreiras no pequeno garaxe de Charles en Surbiton, Surrey, Inglaterra en 1946. Nas décadas 1950 e 1960, chegaron aos niveis máis altos cos coches de carreiras con motor traseiro dun só asento, revolucionaron a Fórmula Un e as 500 Millas de Indianápolis, e os seus Mini Cooper dominaron os Rally. Grazas en parte ao legado de Cooper, Gran Bretaña segue sendo a base dunha próspera industria de automóbiles de carreiras, e o nome de Cooper vive nas versións Cooper, do Mini os coches de produción que se seguen construíndo en Inglaterra, pero agora de propiedade e comercializados por BMW.
Nome completo | Cooper Car Company |
---|---|
Bandeira | |
Baseada en | Surbiton, Surrey, Reino Unido |
Tempadas en activo | 20 (1950 - 1969) |
Número de pilotos | Stirling Moss Maurice Trintignant Jack Brabham Bruce McLaren John Surtees Jochen Rindt Pedro Rodríguez |
Debut | Gran Premio de Mónaco de 1950 |
Carreiras | 129 |
Campionatos de Construtores | 2 (1959 - 1960) |
Campionatos de Pilotos | 2 (1959 - 1960) |
Vitorias | 16 |
Pole positions | 11 |
Voltas Rápidas | 14 |
Puntos totais | |
Derradeiro GP | Gran Premio de Mónaco de 1969 |