From Wikipedia, the free encyclopedia
Converxencia Galega é un partido político nacionalista galego que se autodefine a si mesmo coma centrista, progresista no senso social e liberal no senso económico, europeísta, interclasista e confederalista.[1]
Converxencia Galega (CG) | |
---|---|
Partido político de Galiza | |
Dirixentes e organización | |
Líder | Xoán Gato |
Historia | |
Fundación | 24 de setembro de 2010 |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Galeguista Centrismo progresista |
Representación | |
Representación | sen representación parlamentaria |
Outros datos | |
Sede | Ferrol |
Na rede | |
https://www.converxenciagalega.es/ | |
Constituíuse como partido o 24 de setembro de 2010, no seu primeiro congreso constituínte en Santiago de Compostela, malia que as siglas desta formación foron rexistradas no Ministerio do Interior hai case 20 anos por unha serie de catedráticos lugueses, que nunca chegaron a ser utilizadas en ningún comicio electoral até a data. O seu presidente é Xoán Gato, Presidente da Cámara de Comercio de Ferrol e exalcalde de Narón. O seu maior asentamento constitúese en Lugo onde mellor está organizado con 20 comités locais. Nas demais provincias, 13 hai na Coruña, 14 en Pontevedra e 2 en Ourense.[2]
Naceu por mor dunha grande escisión de Terra Galega e provocada pola marcha do seu máximo dirixente Xoán Gato, exalcalde do concello coruñés de Narón.[3] Até esa data, Terra Galega era a cuarta forza política de Galicia tralos tres grandes partidos con representación parlamentaria PP, PSdeG-PSOE e BNG.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.