Convertibilidade
From Wikipedia, the free encyclopedia
En economía e en contabilidade, o termo convertibilidade refírese á posibilidade de trocar de modo sinxelo certa contía de diñeiro por unha contía equivalente en calquera tipo de activo financeiro ou bens, e así reciprocamente. A política monetaria máis comunmente empregada ata o inicio do século XX estabelecía que debería haber convertibilidade entre o papel moeda vixente e o ouro. Este modelo era coñecido como padrón ouro, o que significaba que unha unidade monetaria equivalería a unha certa contía en ouro. Iso acabou evolucionando ó padrón de divisas ouro.[Cómpre referencia] Os países, con todo, de modo xeral, durante a segunda metade do século XX acabaron por adoptar a convertibilidade entre moedas, que é a posibilidade dunha moeda de poder ser trocada por outras.[1][2][3][4]
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |