![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/6c/Berne_Convention.png/640px-Berne_Convention.png&w=640&q=50)
Convención de Berna para a protección das obras literarias e artísticas
From Wikipedia, the free encyclopedia
A convención de Berna para a protección das obras literarias e artísticas, máis coñecida simplemente como a convención de Berna ou polas siglas CBERPOLA, é un tratado internacional sobre a protección dos dereitos de autor sobre obras literarias e artísticas. A primeira versión foi asinada o 9 de setembro de 1886, e foi completada e revisada en varias ocasións, sendo a última emenda do 28 de setembro de 1979.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/6c/Berne_Convention.png/640px-Berne_Convention.png)
A convención de Berna apóiase en tres principios básicos, e contén unha serie de disposicións que determinan a protección mínima de obras literarias e artísticas que se concede á persoa autora, amais das disposicións especiais dispoñibles para os países en desenvolvemento que tivesen interese en aplicalos. En xuño de 2009, 164 estados asinaran a convención[1].