Contos de Toquio
filme de 1953 dirixido por Yasujiro Ozu / From Wikipedia, the free encyclopedia
Contos de Toquio (東京物語, Tōkyō Monogatari?), tamén coñecido como Viaxe a Toquio,[1] é un filme dramático xaponés dirixido por Yasujirō Ozu que se estreou en 1953. Está protagonizado por Chishū Ryū e Chieko Higashiyama.
Contos de Toquio | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | 東京物語 Tōkyō Monogatari |
Director | Yasujirō Ozu |
Produtor | Takeshi Yamamoto |
Guión | Kōgo Noda Yasujirō Ozu |
Intérpretes | Chishū Ryū Chieko Higashiyama Setsuko Hara |
Música | Kojun Saitō |
Fotografía | Yūharu Atsuta |
Montaxe | Yoshiyasu Hamamura |
Estudio | Shochiku |
Estrea | 3 de novembro de 1953 |
Duración | 136 minutos |
Orixe | Xapón |
Xénero | Drama |
Na rede | |
Este artigo amosa escritos xaponeses. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
Ozu e o guionista Kōgo Noda escribiu o guión en 103 días e está baseado vagamente no filme estadounidense de 1937 Make Way for Tomorrow, dirixido por Leo McCarey. Noda primeiro suxeriu adaptar o filme, que Ozu non vira. Ozu empregou moitos membros dos elencos e técnicos cos que traballara durante anos. Estreado no Xapón en 1953, non tivo recoñecemento internacional inmedianto e foi considerado "demasiado xaponés" para os exportadores. Estreouse en Londres en 1957 e gañou o trofeo Sutherland o ano seguinte, recibindo eloxios dos críticos estadounidenses trala súa estrea en Nova York en 1972.
Contos de Tokio está recoñecida como a obra mestra de Ozu e adoita ser citada como un dos mellores filmes da historia. En 2012, foi votado como o mellor filme de todos os tempos nunha enquisa entre directores realizada pola revista Sight & Sound.
Estreouse en galego o 6 de marzo de 2004 a través da TVG.[1]