O Consello Rexional de Gush Etzion é un Consello Rexional de Israel que administra os asentamentos da rexión de Gush Etzion, ao sueste de Xerusalén. Segundo o Instituto Central de Estatística os 19 asentamentos posúen unha poboación de 13000 habitantes (2006).

Sede do Consello Rexional en Alon Shvut

Xeografía

Os asentamentos localízanse nunha área montañosa a 900 metros sobre o nivel do mar, debido á altura o clima no inverno é moi frío e chuvioso, nevando frecuentemente. Os límites da competencia do Consello Rexional son polo norte a cidade de Xerusalén e o Consello Rexional de Mateh Binyamin, polo sur as cidades de Hebrón e Kiryat Arba así como o Consello Rexional de Har Hebrón, polo oeste o Val de Elah e polo leste o deserto de Xudea.

Thumb
O carballo solitario no asentamento de Alon Shvut, converteuse nun símbolo dos asentamentos da rexión e aparece no emblema do Consello Rexional

Historia

O primeiro asentamento en Gush Etzion foi Migdal Eder, fundárono en 1927 un grupo de xudeus ortodoxos de Xerusalén e algunhas familias xudías procedentes do Iemen, esta comunidade desapareceu despois dos disturbios palestinos de 1929. O empresario Shmuel Holtzmann mercou terras para establecer de novo asentamentos permanentes na zona, en 1934 estableceu o de Kfar Etzion pero foi abandonado durante a revolta árabe en Palestina 1936-1939. En 1945, un grupo de mozos que chegaran da Europa Oriental antes da segunda guerra mundial estableceron un novo asentamento, Mesu'ot Yitzhaken, en memoria dos falecidos polo Holocausto, en 1946 estableceuse o kibbutz Ein Tzurim, e en 1947 o de Revadim. Os asentamentos desapareceron como consecuencia da Guerra Árabe-Israelí de 1948. Despois da ocupación israelí do territorio como consecuenca da Guerra dos Seis Días comezou o proceso para crear novos asentamamentos na área.

Asentamentos

Thumb
Asentamento de Kfar Eldad
  • Alon Shvut
  • Bat Ayin
  • Carmei Tzur
  • Gvaot
  • Elazar
  • Har Gilo
  • Kfar Etzion (kibbutz)
  • Migdal Oz (kibbutz)
  • Neve Daniel
  • Rosh Tzurim (kibbutz)
  • Ibei Hanachal
  • Kedar
  • Kfar Eldad
  • Ma'ale Amos
  • Ma'ale Rehav'am
  • Metzad
  • Nokdim)
  • Pnei Kedem
  • Tekoa

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.