En botánica denomínase conidióspora á espora de certos fungos formada por constrición do extremo dunha hifa especial, chamada conidióforo, formando así unha cadea de conidios que, chegando o momento, son liberados polo extremo da hifa.[1]

Conidios no extremo dun conidióforo en Phialophora verrucosa.

Etimoloxía

O termo está formado pola unión das voces conidio e [e]spora.[1]

Formación e tipos

As conidiósporas fórmanse en estruturas aéreas especializadas e complexas denominadas conidióforos. As conidiósporas son uninucleadas e todas as esporas que proveñen dunha mesma colonia (homocarióticas) comparten a mesma información xenética. Dependiendo do tipo de micelio no que se xeren as esporas, estas poden seren haploides (n) ou diploides (2n). As colonias xeradas a partir de conidios haploides manifiestan o fenotipo causado polas mutacións recesivas viábeis. Os conidios diploides permiten manter mutacións de perda de función en xenes esenciais ou identificar mutacións dominantes ou relacions de epistase entre diferentes loci.[2]

Véxase tamén

Outros artigos

Notas

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.