Condado de Tipperary
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
O condado de Tipperary (en gaélico irlandés Tiobraid Árainn) é un condado da provincia de Munster (República de Irlanda). O condado está dividido en dous condados administrativos, o do Norte e o do Sur, aínda que o conxunto segue mantendo funcións relacionadas coa cultura e os deportes.
Contae Thiobraid Árann (ga) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Irlanda | ||||
Provincias | Munster | ||||
Capital | Clonmel Nenagh - Aonach Urmhumhan | ||||
Contén a división administrativa | Carrick-on-Suir (en) Cashel–Tipperary (en) Clonmel (en) Condado de Tipperary Norte (pt) Condado de Tipperary Sul (pt) Nenagh (en) Templemore–Thurles (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 158.652 (2011) (36,85 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 4.305 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
Órgano executivo | office of the Cathaoirleach of Tipperary County Council (en) | ||||
Órgano lexislativo | legislative body of Tipperary County Council (en) Circunscrición: 5, (Escano: 40) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | IE-TA | ||||
Páxina web | tipperarycoco.ie |
Os condados veciños de Tipperary son Offaly ao norte, Laois ao nordeste, Kilkenny ao leste, Waterford ao sur, Cork ao suroeste, Limerick e Clare ao oeste e Galway ao noroeste.
Tipperary é o sexto maior condado de Irlanda seguindo a súa area, e o undécimo por poboación.[1] É o terceiro maior condado da provincia, por área, e o terceiro por poboación. A paisaxe forma parte da planicie central de Irlanda, aínda que posúe diversas serras: os Knockmealdown, as Galtee, os Arra Hills e a Silvermine. A zona meridional do condado está mollado polo Río Suir; mentres que a setentrional polos afluentes do río Shannon que se ensancha no Lough Derg. Non ten costas. A zona central é coñécese como 'o Val Dourado', unha rica terra de pastos da conca do Suir que se estende polos condados de Limerick e Cork.
O condado posúe seis baronías históricas no Tipperary Norte: Eliogarty, Ikerrin, Alto Ormond, Baixo Ormond, Owney and Arra e Alto Kilnamanagh; e outras seis no Tipperary Sur: Clanwilliam, Baixo Kilnamanagh, Iffa e Offa Leste, Iffa e Offa Oeste, Middle Third, e Slievardagh.
As parroquias foron trazadas tras o Down Survey como subdivisións intermedias, con múltiples aldeas (townlands) por parroquias e múltiples parroquias por baronía. As parroquias civís tiveron algún uso para impostos locais e foron incluídas nos mapas do século XIX da Ordnance Survey of Ireland (o organismo cartográfico gobernamental irlandés).[2] Para os propósitos da poor law (sistema de axuda para os pobres), as divisións electorais de distrito substituíron as parroquias civís a mediados do século XIX. Hai 199 parroquias civís no condado.[3] As aldeas son as divisións máis miúdas oficialmente de Irlanda, habendo un total de 3.159 neste condado.[4]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.