Concello de Norberg
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Norberg é un concello sueco no condado de Västmanland.[1] A súa capital é a localidade de Norberg e no mes de setembro de 2022 o municipio tiña unha poboación de 5 642 habitantes.[2]
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Suecia | ||||
Condado | Condado de Västmanland | ||||
Capital | Norberg (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 5.456 (2024) (12,19 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 447,7 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1 de xaneiro de 1971 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | norberg.se | ||||
A paisaxe é montañosa e é rica en lagos e humedais. A superficie do concello está principalmente cuberta por morena cuberta de bosque. O leito rochoso ten grandes tramos de leptitas que conteñen minerais. A mineiría existía na zona dende a Idade Media, pero a principios da década de 2020 todas as minas estaban pechadas, dependendo a economía local da actividade de pequenas empresas.
O concello limita cos municipios de Fagersta e Sala no condado de Västmanland, e cos de Avesta, Hedemora e Smedjebacken no condado de Dalarna.
Granito con grandes tramos de leptitas con minerais conforman a meirande parte do leito rochoso do concello. No leito rochoso hai tamén a presenza de calcaria que deu lugar a varias áreas con rica vexetación. O concello está cuberto principalmente por morena cuberta de bosque. A paisaxe é montañosa e hai moitos lagos e zonas húmidas, como a turbeira elevada de Bredmossen. A principais áreas cultivadas abertas atópanse nos vales do Svartån e Norbergsån.[3]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.