From Wikipedia, the free encyclopedia
Conan o bárbaro (tamén chamado Conan o Cimmerio ou Conan de Cimmeria) é un personaxe de ficción creado en 1932 polo escritor Robert E. Howard para unha serie de relatos destinados á revista de relatos pulp Weird Tales. Conan é un personaxe arquetípico, o máis famoso representante no seu xénero, a así chamada espada e bruxaría, e un clásico da fantasía estadounidense do século XX.
Conan o bárbaro | |
---|---|
Personaxe de Relatos e novelas de Conan | |
Cadro dun vídeo que amosa como ilustrar a Conan en 90 segundos, por Atula Siriwardane. | |
Creador(es) | Robert E. Howard |
Información | |
Nome orixinal | Conan de Cimmeria |
Alcume | Amra |
Raza | bárbaro |
Sexo | Masculino |
Título | Rei de Aquilonia |
Cónxuxe | Zenobia |
Fillos | Conn Taurus Radegund |
Perfil en IMDb |
Os seus relatos adoitan ser clasificados dentro da fantasía heroica ou a espada e bruxaría.[1] Dende a súa creación apareceu en libros, banda deseñada, filmes, programas de televisión, videoxogos ou xogos de rol, así como tamén noutros medios. Viviu na ficticia Era Hiboria, unha época fantástica comprendida entre os anos do afundimento de Atlantis —unha illa que Howard ideou baseándose no mito da Atlántida— e os das migracións dos arios.
A editorial compostelá Urco publicou a Biblioteca Conan, composta por 4 volumes coas aventuras do guerreiro. Os textos foron traducidos do inglés ao galego por Tomás González Ahola.[2]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.