![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/b3/Flag_of_the_British_East_India_Company_%25281707%2529.svg/langgl-640px-Flag_of_the_British_East_India_Company_%25281707%2529.svg.png&w=640&q=50)
Compañía Británica das Indias Orientais
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Compañía Británica das Indias Orientais (en inglés, East India Trading Company, English East India Company e ás veces British East India Company) foi unha compañía de investidores que obtivo o 31 de decembro de 1600 a Carta Real de mans da raíña Isabel I de Inglaterra coa intención de garantirlle os privilexios do comercio na India. A carta real deu a nova compañía o monopolio artificial de todo o comercio nas Indias Orientais. A Compañía transformouse, pasando dunha simple unión comercial, ata converterse na empresa que gobernou de xeito virtual a India ata a disolución da compañía en 1858 pasando India a estar gobernada polo Raj Británico. Tiña a súa sede en Londres.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/b3/Flag_of_the_British_East_India_Company_%281707%29.svg/640px-Flag_of_the_British_East_India_Company_%281707%29.svg.png)