From Wikipedia, the free encyclopedia
Un compás é un instrumento de debuxo técnico que se pode utilizar para realizar círculos ou arcos. Tamén se pode utilizar como unha ferramenta para medir distancias, en particular nos mapas. Os compases empréganse en matemáticas, para debuxo, navegación[1] e outros fins.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Os compases fabrícanse xeralmente de metal, e constan de dúas partes unidas por un gonzo, palmela ou bisagra que se pode axustar. Normalmente, unha parte ten unha punta no seu extremo, e a outra un lapis ou, ás veces, un bolígrafo. Os círculos poden facerse apertando a punta do compás no papel, apoiando o lapis no papel e movéndoo ao redor mentres se mantén a bisagra coa mesma apertura. O raio do círculo pode axustarse cambiando a apertura da bisagra.
As distancias pódense medir nun mapa utilizando compases con dúas puntas. A bisagra axústase de tal maneira que a distancia entre as puntas no mapa representa unha certa distancia na realidade, e medindo cantas veces o compás se axusta entre dous puntos no mapa pódese medir a distancia entre ditos.
En cantería e escultura utilízase un compás de canteiro para copiar as dimensións dunha escultura ou dunha pedra tallada e poder reproducila. Existen tanto compases para copiar dimensións exteriores como para copiar dimensións interiores.
Púidose tomar dunha forma francesa ou derivar do verbo compasar, formado a partir de paso, do latín passus, -us[2].
Un compás sempre ten unha punta que corresponde ao centro do círculo e a outra ten xa sexa un lapis ou outra punta (en tal caso dise que é de "punta seca"). O lapis pode debuxar circunferencias ou arcos. Tamén pode utilizarse para marcar un círculo, un arco o unha lonxitude sobre unha superficie dalgún material, como por exemplo metal. Esta clase de compases son utilizados xeralmente para mecanizado ou por carpinteiros, picapedreiros etc. ou para coñecer unha distancia.
O compás tamén se utiliza con frecuencia como símbolo de precisión e das ciencias exactas. Como tal, podémolo encontrar en logotipos e símbolos como a escuadra e o compás da francmasonería e en varios símbolos de computadoras.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.