Comba de Cornualla
Santa escocesa do século VI / From Wikipedia, the free encyclopedia
Comba de Cornualla, máis coñecida como Santa Comba de Cornualla, foi unha santa da Igrexa católica que seica viviu no século VI, nada en Lothian (Escocia) e finada en Ruthvoes, Cornualla. É popular en Cornualla e outras nacións celtas. A súa historia lendaria mestúrase coa da galega Comba de Sens, quizais por tradicións celtas cristianizadas.
Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século V ![]() Lothian (pt) ![]() ![]() |
Morte | século VI ![]() Ruthvoes (en) ![]() ![]() |
Enaltecemento | |
Día de festividade relixiosa | 11 de novembro ![]() |
Pechar
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde febreiro de 2015.) |
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Comba.
- Este artigo trata sobre unha santa inglesa, para o santo irlandés véxase Columba de Iona.
Comba de Cornualla é venerada pola Igrexa católica e mais o anglicanismo; a súa festividade celébrase o 11 de novembro. Simbolízase cunha póla de palma e/ou unha espada.