Comarca de Santander
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
A comarca de Santander (ou da Baía de Santander) é unha comarca de Cantabria, en España. Está limitada ao oeste pola Comarca do Besaya, ao sur coa dos Valles Pasiegos, ao leste coa de Trasmiera e ao norte linda co mar Cantábrico. É de carácter claramente industrial e urbano, está constituída polo propio municipio de Santander (capital da comarca), e o arco da baía e ao sur ata o municipio de Penagos e a serra da Matanza.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Cantabria | ||||
Capital | Santander | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 262.595 (2009) (978,88 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 268,26 km² | ||||
A pesar de que xa existe unha lei de comarcalización de Cantabria, esta aínda non foi desenvolvida polo tanto a comarca non ten entidade real.[1]
A poboación total da comarca alcanza a cifra de 262.595 habitantes, segundo datos do INE do ano 2007. Segundo os datos do mesmo ano, os seus tres núcleos máis poboados, de maio a menor, son: Santander (181.802), Camargo (30.663) e Piélagos (17.681). E os seus menos poboados son: Penagos (1.679) e Villaescusa (3.481).
Cabe destacar que unha porción desta comarca xunto con parte da comarca do Besaya e algúns municipios doutros territorios, forma a área metropolitana de Santander-Torrelavega. Esta conurbación está formada principalmente por ambas as cidades, pero que xunto ás localidades e municipios lindeiros constitúe unha importante área de servizos e industria, que na lista das áreas metropolitanas que excedían en 2007 os 300.000 habitantes en España, ocupa a 21º posición.[2]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.