From Wikipedia, the free encyclopedia
A comarca da Terra de Caldelas é unha comarca galega situada no norte da provincia de Ourense. Pertencen a ela os concellos de Castro Caldelas, Montederramo, Parada de Sil e A Teixeira.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | provincia de Ourense | ||||
Capital | Castro Caldelas | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 2.764 (2020) (8,82 hab./km²) | ||||
Xentilicio | Caldelao | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 313,25 km² | ||||
A comarca de Terra de Caldelas contaba en 2020 cunha poboación de 2.764 habitantes. A poboación menor de 15 anos era o 4,09% do total, o que representa uns niveis moi baixos en relación á media de Galicia (12,55%[1]), mentres que pola outra banda o 45,22% contaba con máis de 65 anos, o que deixa unha poboación en idade de traballar dun 50,69%.[2]
A idade media da poboación en 2020 era de 59,54 anos,[2] que supera amplamente a media galega (47,48 anos[3]).
Padrón municipal 2020 | 2.764 habitantes[2] |
---|---|
Menores de 15 anos | 113 (4,09 %) |
Entre 16 e 64 anos | 1.401 (50,69 %) |
Maiores de 65 anos | 1.250 (45,22 %) |
En relación ao movemento natural da poboación, no ano 2019 houbo 6 nacementos en toda a comarca e 66 defuncións, o que deixou un saldo vexetativo negativo de -60.[2]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.