Colisión aérea en Zagreb de 1976
accidente de aviación en Iugoslavia en 1981 From Wikipedia, the free encyclopedia
accidente de aviación en Iugoslavia en 1981 From Wikipedia, the free encyclopedia
A colisión aérea en Zagreb de 1976 foi un accidente o 10 de setembro de 1976 preto de Zagreb entre o voo 476 de British Airways, un Hawker Siddeley Trident que voaba de Londres a Istanbul, e o voo 550 de Inex-Adria Aviopromet, un Douglas DC-9 en ruta dende Split ata Colonia. A colisión foi o resultado dun erro de procedemento dos controladores de tráfico aéreo de Zagreb.
Colisión aérea en Zagreb de 1976 | |
---|---|
Resumo | |
Data | 10 de setembro de 1976 |
Causa | erro de ATC |
Lugar | preto de Vrbovec, Iugoslavia |
Coordenadas | |
Finados | 176 (todos) |
Aeronave | |
Tipo de aeronave | Hawker Siddeley Trident 3B Douglas DC-9-32 |
Operador | British Airways Inex-Adria Airways |
Rexistro | G-AWZT YU-AJR |
Pasaxeiros | 54 108 |
Tripulación | 9 5 |
Superviventes | 0 |
As 176 persoas a bordo dos dous avións morreron,[1][2][3][4] sendo no seu momento a peor colisión aérea do mundo.[5] Trátase tamén do peor accidente ocorrido tanto en Croacia como na antiga Iugoslavia.[6][7]
O voo 476 de British Airways engalou do aeroporto de Londres-Heathrow cara ao aeroporto de Istanbul Atatürk ás 08:32 UTC con 54 pasaxeiros e 9 tripulantes a bordo.[2] Nos controis do Trident 3B estaba o experimentado capitán Dennis Tann (nado en 1932), que tiña 10 781 horas de voo. Estaba acompañado polo primeiro oficial Brian Helm e o primeiro oficial en funcións Martin Flint.[2]
O voo 550 de Inex-Adria engalou do aeroporto de Split ás 09:48 UTC cara ao aeroporto de Colonia/Bonn. O avión levaba 108 pasaxeiros, principalmente turistas alemáns que regresaban a casa tras unha vacacións na costa dálmata, e 5 tripulantes.[2] O piloto era o capitán Jože Krumpak (nado en 1925), que acumulaba 10 157 horas de voo, e o primeiro oficial era Dušan Ivanuš.[2][6] Inex-Adria era unha aeroliña chárter baseada en Eslovenia, unha das repúblicas que formaban a federación de Iugoslavia.
Ambos voos procederon sen incidentes ata que se achegaron ao VOR de Zagreb.
A mediados dos anos 70 a rexión de control de tráfico aéreo de Zagreb era unha das máis concurridas de Europa a pesar de estar pobremente manexada e equipada.[8] O VOR de Zagreb era un punto de informe para varias das conxestionadas aerovías entre o norte e o sur de Europa e as que levaban a Oriente Medio e máis aló.[9] O espazo aéreo estaba dividido en tres sectores de altitude: o sector inferior por baixo dos 25 000 pés (7 600 m), o sector medio de 25 000 a 31 000 pés (7 600 - 9 400 m), e o sector superior por riba dos 31 000 pés.[2]
Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.