![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/7/7c/Trinidad_and_Tobago_hummingbirds_composite.jpg/640px-Trinidad_and_Tobago_hummingbirds_composite.jpg&w=640&q=50)
Colibrí
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os colibrís[1] son diminutas aves do continente americano que forman a familia dos troquílidos[2] (Trochilidae). Un dos seus xéneros chámase tamén Colibri, pero colibrís úsase de forma xeral para referirse a todos os membro da familia. Están entre os paxaros máis pequenos, xa que a maioría das especies miden entre 7,5 e 13 cm, e entre eles está a ave existente máis pequena, de só 5 cm e menos de 2,5 g de peso, o Mellisuga helenae.
Troquílidos Rango fósil: Rupeliano-Actual | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Catro colibrís de Trinidad e Tobago | |||||||||
Clasificación científica | |||||||||
| |||||||||
Subfamilias | |||||||||
Phaethornithinae |
Ao voaren producen un son rumbante característico xerado polo batido das súas ás, que aletean a altas frecuencias audibles polos humanos. Poden voar peneirándose suspendidos quedos no aire con altas velocidades de batido alar, normalmente de 50 veces por segundo, que lles permiten tamén voar a velocidades que superan os 15 m/s (54 km/h).[3][4]
Os colibrís teñen o metabolismo máis elevado de todos os animais homeotermos.[5] Para conservar a enerxía cando escasea a comida, e de noite cando non están procurando comida, entran nun torpor, un estado similar á hibernación, no que a súa taxa metabólica se fai máis lenta ata chegar a 1/15 da súa taxa normal.[6]