![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/b3/Pillowtop-mattress.jpg/640px-Pillowtop-mattress.jpg&w=640&q=50)
Colchón
peza almofadada e flexíbel que se coloca sobre a cama e se emprega para deitar o corpo e durmir / From Wikipedia, the free encyclopedia
O colchón[1] é unha peza almofadada e flexíbel que se coloca sobre a cama e se emprega para deitar o corpo e durmir. O colchón recheo de la chegou a Europa despois das Cruzadas, cando os europeos adoptaron o costume árabe de durmir sobre coxíns. Antigamente, os colchóns, denominados na época almadraques ou xergóns, constaban dunha funda rechea de materiais orgánicos como palla, la, follas etcétera, que eran o niño ideal para pequenos insectos, polo que cumpría ventilalos e airealos decote. Os xergóns de la foron populares en Europa ata ben entrado o século XX. Adoitaba existir a figura do colchoeiro que se encargaba de construír, airear, encher e restaurar os colchóns de la.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/b3/Pillowtop-mattress.jpg/640px-Pillowtop-mattress.jpg)
En Galicia eran comúns os almadraques recheos de follato do millo.