From Wikipedia, the free encyclopedia
Cody Cameron, nado en California o 12 de outubro de 1970, é un actor de voz, director e artista gráfico estadounidense. É coñecido por dirixir Cloudy with a Chance of Meatballs 2. Puxo a voz de numerosos personaxes animados, incluíndo Pinocchio e Three Little Pigs na serie de filmes Shrek, e Mr. Weenie na franquía de Open Season.
(2013) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de outubro de 1970 (53 anos) Pasadena, Estados Unidos de América |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América |
Actividade | |
Campo de traballo | Dirección de cine e dobraxe |
Ocupación | guionista , animador , actor de televisión , produtor de cinema , director de cinema , actor de dobraxe , actor de cinema |
Período de actividade | 1976 - |
Lingua | Lingua inglesa |
Cameron comezou a súa carreira en DreamWorks Animation escribindo diálogos e debuxando storyboards para a franquía Shrek, Shark Tale e Madagascar.
En 2004, Cameron deixou DreamWorks para unirse a Sony Pictures Animation. Alí traballou como artista de Surf's Up e escribiu e dirixiu a curtametraxe The ChubbChubbs Save Xmas, unha secuela de The ChubbChubbs!. Cameron tamén puxo a voz de Mr. Weenie na serie de filmes de Open Season e dirixiu Open Season 3. En 2013, dirixiu xunto con Kris Pearn a súa primeira longametraxe, Cloudy with a Chance of Meatballs 2.[1]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.