filme de 2017 dirixido por Lee Unkrich From Wikipedia, the free encyclopedia
Coco é un filme estadounidense de 2017 producida por Pixar Animation Studios e distribuída por Walt Disney Pictures.[7] Baséase nunha idea orixinal de Lee Unkrich, e foi dirixida polo propio Unkrich e codirixida por Adrian Molina.[8] Conta a historia dun neno de 12 anos chamado Miguel Rivera que é transportado sen querer á terra dos mortos, onde busca a axuda do seu tataravó, un afamado músico, para regresar entre os vivos xunto á súa familia.
Coco | |
---|---|
Logo do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | Coco |
Director | Lee Unkrich |
Produtor | Darla K. Anderson |
Guión |
|
Intérpretes |
|
Música | Michael Giacchino[1] |
Fotografía | |
Montaxe | |
Estudio | |
Distribuidora | Walt Disney Studios Motion Pictures |
Estrea | Festival de Morelia: 20 de outubro de 2017 |
Duración | 105 minutos[3] |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Animación |
Orzamento | $175–200 000 000[4][5] |
Recadación | $745 000 000[6] |
Na rede | |
https://movies.disney.com/coco | |
|
O concepto de Coco baséase na festividade mexicana do día dos mortos. Foi escrito por Molina e Matthew Aldrich a partir dunha historia de Unkrich, Jason Katz, Aldrich e Molina. Pixar comezou a desenvolver a animación en 2016; Unkrich e algúns membros de equipo visitaron México para inspirarse. Composer Michael Giacchino, que xa traballara noutros filmes animados de Pixar, compuxo a banda snora. As voces do filme inclúen as de Anthony Gonzalez, Gael García Bernal, Benjamin Bratt, Alanna Ubach, Renée Victor, Ana Ofelia Murguía e Edward James Olmos. Coco é o primeiro filme cun orzamento de nove cifras e un elenco composto completamente de latinos, cun custo de $175–200 millóns.[9]
Coco estreouse o 20 de outubro de 2017, durante o Festival Internacional de Cinema de Morelia en Morelia, México.[10] Foi estreado nos cinemas de México a semana seguinte, a semana antes do Día dos Mortos, e converteuse no filme con maior recadación de tódolos tempos no país.[11][12][13][14] Foi estreado nos Estados Unidos o 22 de novembro de 2017, e recadou preto de $745 millóns en todo o mundo. Recibiu a aclamación da crítica pola súa animación, interpretación vocal, música, historia e repecto pola cultura mexicana. Foi escollido polo National Board of Review como o mellor filme de animación de 2017,[15] e gañou numerosos premios; gañou o Oscar ó mellor filme de animación e á mellor canción orixinal ("Remember Me"), así como o BAFTA, un Globo de Ouro, o Critic's Choice Movie Award e o Annie Award.[16]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.