Gastronomía de Galicia
conxunto de usos alimentarios de Galicia / From Wikipedia, the free encyclopedia
A gastronomía de Galicia ten unha gran tradición e variedade, sendo un dos aspectos de maior importancia na cultura e sociedade galegas.
Está moi establecida a celebración de grandes comidas, ben en familia, ben en eventos, actos ou encontros. En Galiza teñen lugar gran número de festas gastronómicas, a maioría delas no verán[1]. Un dos seus maiores estudosos foi o escritor Álvaro Cunqueiro.
Os petiscos, a diferenza doutros lugares, son consistentes e non se reducen a unhas simples olivas ou patacas; adoitan ser gratuítos ou de moi baixo prezo, sobre todo na provincia de Lugo, onde a súa gratuidade, ao ser acompañados por un viño ou unha cervexa, é unha tradición convertida xa nun reclamo turístico[2]. Ademais dos petiscos, tamén son frecuentes as tapas.