From Wikipedia, the free encyclopedia
Clément Ader, nado en Muret o 2 de abril de 1841 e finado en Tolosa o 3 de marzo de 1925, foi un enxeñeiro francés, precursor da aviación.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de abril de 1841 Muret (Francia) |
Morte | 3 de maio de 1925 (84 anos) Tolosa (Francia) |
Actividade | |
Campo de traballo | Enxeñaría mecánica, enxeñaría eléctrica, Aeronáutica, Aviación, aircraft construction (en) e discoveries and inventions (en) |
Ocupación | enxeñeiro, aviador, inventor, enxeñeira aeroespacial |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios | |
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética (1926—1947) |
En 1868 mellora e fabrica velocípedes con grande éxito comercial, pero a guerra de 1870 arruínao e provoca o seu traslado a París. Perfeccionou o teléfono en 1878 e inventa o teatrófono, o que permite a transmisión telefónica por dúas canles, Ader realiza a primeira transmisión en estéreo en 1881. Baseándose nos estudos sobre o voo dos paxaros de Louis Mouillard, construíu os primeiros aeroplanos con motor. Entre 1890 e 1897 realiza tres aparatos: Eole (Avión I), Zéphyr (Avión II) e Aquilon (Avión III) baixo secreto militar.
O 9 de outubro de 1890 realiza o seu primeiro voo: 50 metros a 20 cm. de altura antes de se estrelar, os seus traballos resultan de interese para o ministerio da guerra francés, financiando as súas actividades, en 1897 o Aquilon realiza un voo de 300 metros diante dun comité militar o 14 de outubro, pero o proxecto queda finalmente paralizado.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.