Club de Rugby Arquitectura Técnica
equipo galego de rugby / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Club de Rugby Arquitectura Técnica, popularmente chamado polo seu acrónimo CRAT, é un club de rugby da cidade da Coruña, fundado en 1976, que xoga os seus encontros como local no campo de rugby do Complexo Deportivo de Acea de Ama, en Culleredo. Por mor do convenio de colaboración que o club ten asinado coa Universidade da Coruña, tódolos seus equipos compiten baixo a denominación CRAT UDC.
Datos rápidos Nome, Alcume(s) ...
Nome | Club de Rugby Arquitectura Técnica | ||
---|---|---|---|
Alcume(s) | Aparelladores, cratarians | ||
Fundación | 1976 | ||
Sede | A Coruña, Galiza | ||
Estadio(s) | Complexo Deportivo Acea de Ama | ||
Capacidade | ? espectadores | ||
Presidente | Alfredo López | ||
Adestrador | Josean Portos e Jorge Martínez-Morás (primeiro equipo masculino) Rogelio Savio e Evaristo Martínez (primeiro equipo feminino) | ||
Capitán | Mauro Álvarez (homes) Elena Roca (mulleres) | ||
Anotador | ? | ||
Ensaios | ? | ||
Liga(s) | División de Honra B (homes) División de Honra (mulleres) | ||
2014/15 | 6º (homes) 1º (mulleres) | ||
| |||
Na rede | |||
http://www.cratcoruna.com |
Pechar
O primeiro equipo sénior masculino compite na División de Honra B, a segunda división do rugby español. Pola súa banda, o primeiro equipo sénior feminino compite na División de Honra feminina, acadando dous títulos de liga nas tempadas 2014/15 e 2018/19.