Cleveland Browns
equipo profesional estadounidense de fútbol americano / From Wikipedia, the free encyclopedia
Os Cleveland Browns son un equipo profesional estadounidense de fútbol americano con sede na cidade de Cleveland, Ohio. Forman parte da National Football League (NFL) como membros da American Football Conference (AFC) na súa División Norte. Actualmente xogan os seus partidos como local no FirstEnergy Stadium,[1] recinto inaugurado en 1999 con capacidade para 67.431 espectadores, estando as súas oficinas e campos de adestramento en Berea, Ohio. As cores oficiais dos Browns son o marrón, o laranxa e o branco. Son a única franquía da NFL que non ten o seu escudo no casco e o único equipo cuxo nome procede dunha persoa específica, o seu primeiro adestrador Paul Brown.[2]
Cleveland Browns | |||
---|---|---|---|
Fundado en 1946 Sede en Cleveland, OH | |||
| |||
Afiliacións de Liga/Conferencia | |||
All-America Football League (1946−1949)
National Football League (1950–presente)
| |||
Uniforme actual | |||
Cores | Marrón, laranxa, branco | ||
Mascota | Chomps, Swagger | ||
Cadro de persoal | |||
Propietario(s) | Jimmy e Dee Haslam | ||
Presidente | Paul DePodesta | ||
Director xeral | Sashi Brown | ||
Adestrador | Hue Jackson | ||
Historia | |||
| |||
Campionatos | |||
Títulos de Liga (8)
1946, 1947, 1948, 1949
| |||
Conferencia (11)
| |||
División (12)
| |||
Estadios | |||
|
A franquía foi fundada no ano 1945 polo empresario Arthur B. McBride e o adestrador Paul Brown, sendo un dos equipos fundadoras da All-America Football Conference (AAFC). Os Browns dominaron a AAFC, acadando un balance de 47 vitorias por catro derrotas e tres empates durante os catro anos que existiu a competición, gañando o campionato en todas as súas edicións.[3] Cao desaparición da AAFC en 1949, os Browns uníronse á National Football League xunto cos San Francisco 49ers e os Baltimore Colts orixinais. Na súa primeira temporada na NFL os Browns conseguen gañar o título de campións, repetindo en 1954, 1955 e 1964, marcando un fito do deporte profesional norteamericano ao conseguir xogar a final do campionato en cada un dos seus primeiros dez anos de existencia. Desde 1965 até 1995 o equipo clasfícase en catorce ocasións para os playoffs, mais non consegue gañar ningún título nin xogar unha Super Bowl.
En 1995, o propietario Art Modell, dono da franquía desde 1961, anunciou a súa intención de trasladar o equipo a Baltimore, Maryland. Despois da amenaza por parte da cidade de Cleveland e dos seareiros de tomar medidas legais, chegouse ao acordo que permitiu a creación dos Baltimore Ravens: o equipo mentería os empregos dos xogadores e os traballadores en Baltimore e ademais o nome da franquía, as cores, os logos e a súa historia permenecerían na cidade até a creación dun novo equipo. Isto sucedería pouco tempo despois, cando en 1999 regresan os Browns como equipo de expansión.[4] Desde a reanudación da actividade da franquía, os Browns so conseguiron finalizar dúas temporadas con máis vitorias que derrotas (2002 e 2007), xogando tan só unha vez os playoffs (2002).