![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/c/cc/Cleopatra1917.jpg/640px-Cleopatra1917.jpg&w=640&q=50)
Cleopatra (filme de 1917)
filme de 1917 dirixido por J. Gordon Edwards / From Wikipedia, the free encyclopedia
Cleopatra é un filme de 1917 dirixido por J. Gordon Edwards e coa vampiresa[1] do momento (Theda Bara), con Fritz Leiber o pai (1882 - 1949) como Xulio César e con Thurston Hall (1882 - 1958) como Marco Antonio.[2]
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2017.) |
Cleopatra | |
---|---|
![]() Cartel orixinal do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | Cleopatra |
Director | J. Gordon Edwards |
Produtor | William Fox |
Guión | H. Rider Haggard Adrian Johnson Émile Moreau Victorien Sardou |
Intérpretes | Theda Bara Fritz Leiber Sr. Thurston Hall |
Música | Sen son |
Fotografía | Edward M. McDermott |
Montaxe | John W. Boyle Rial Schellinger George Schneiderman |
Distribuidora | Fox Film Corporation |
Estrea | 1917 |
Duración | 125 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Orzamento | $500,000 |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() |
Foi unha das producións máis elaboradas de Hollywood até entón, con decorados e vestiarios moi traballados. Segundo indicaba o estudo, a película custou 500 000 dólares e empregou case 200 persoas.
A historia deste filme mudo está baseada na obra de William Shakespeare Antonio e Cleopatra.[3] Theda Bara aparece cunha gran cantidade de fantásticos vestidos bastante ousados para a época. O filme tivo un grande éxito.
Anos despois, as normas de Hollywood xulgaron este filme como demasiado impúdico para ser visto, e as últimas dúas copias foron destruídas nos incendios dos Estudos Fox. Só algúns fragmentos, hoxe en mans do Museo de Arte Moderna de Nova York, sobreviviron até os nosos días.