Cidadáns-Partido da Cidadanía
From Wikipedia, the free encyclopedia
Cidadáns–Partido da Cidadanía (Cs; en castelán: Ciudadanos-Partido de la Ciudadanía[2]), coñecido habitualmente como Cidadáns ou Ciudadanos, é un partido político español que se autodefine no seu ideario como de centro reformista, se ben algúns comentaristas políticos cualifícano como partido nacionalista español con ideoloxía de dereitas[3][4]. Fundouse en Cataluña, e dende 2014 a súa actividade realízase en toda España.
Datos rápidos Dirixentes e organización, Líder ...
Cidadáns–Partido da Cidadanía (Cs) | |
---|---|
Partido político de España | |
Dirixentes e organización | |
Líder | Patricia Guasp Portavoz político Adrián Vázquez Secretaria xeral Olga Louzao Líder Cs Galicia |
Mocidades | Agrupación de Jóvenes de Ciudadanos – Partido de la Ciudadanía (J's) |
Filiación internacional | Grupo da Alianza dos Liberais e Demócratas por Europa |
Historia | |
Fundación | 1 de xuño de 2006 |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Unionismo Liberalismo Progresismo Europeísmo Laicismo Constitucionalismo Nacionalismo Español |
Posición política | Centrodereita |
Representación | |
Congreso dos Deputados | 0 / 350 |
Parlamento Europeo | 7 / 59 |
Parlamentos autonómicos | 8 / 1.261 |
Concelleiros[1] | 392 / 67.152 |
Outros datos | |
Sede | Rúa de Alcalá, 253, 28027 Madrid |
Publicación | s/d |
Na rede | |
www.ciudadanos-cs.org | |
Pechar
Foi fundado en 2006, sendo o seu xerme a plataforma cívica Ciutadans de Catalunya. Declárase como un partido constitucionalista, postnacionalista[5] e progresista. Albert Rivera afirmou que escolleron a palabra "Cidadáns" como nome do partido porque lles gustaría ser «cidadáns do mundo».[6]