Circuíto urbano de Sochi
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Circuíto urbano internacional de Sochi [3] (ruso:Трасса в Олимпийском парке), coñecido anteriormente como o Circuíto do Parque Olímpico de Sochi, é un circuíto de carreiras urbano na cidade turística de Sochi no Mar Negro no Krai de Krasnodar, Rusia.[4][5] O circuíto é similar ao circuíto Gilles Villeneuve e Circuíto urbano de Homebush no que se correrá en torno ao lugar usado para a competición olímpica, neste caso, o Parque Olímpico de Sochi, escenario dos Xogos Olímpicos de Inverno de 2014. A carreira inaugural tivo lugar na tempada 2014, o primeiro ano dun contrato de sete anos. En outubro de 2011, o goberno ruso asinou 195´4 millóns de dólares para a construción do circuíto.[6]
Circuíto urbano de Sochi | |
---|---|
Plano do Circuíto | |
Datos | |
Inauguración | 21 de setembro de 2014[1] |
Outros nomes | |
Carreiras | FIA Fórmula 1 Gran Premio de Rusia (desde 2014) GP2 Series (desde 2014) GP3 Series (desde 2014) TCR International Series (desde 2015) Russian Touring Car Championship (desde 2014) |
Capacidade | 55.000[2] |
Localización | Sochi, Rusia |
Lonxitude | 5,848 km |
Curvas | 19 |
Volta rápida (2019) | 1:35.761 |
Piloto récord | Lewis Hamilton |
Escudería récord | Mercedes |
Coordenadas | |
Vista do Circuíto | |
A construción do circuíto no parque olímpico de Sochi marca o final dunha campaña de trinta anos por un Gran Premio de Rusia, con plan orixinario para un "Gran Premio da Unión Soviética" xa na tempada de 1983 antes de ser abandonado por "razóns burocráticas"[7] e varios intentos frustrados[8][9][10] e varios intentos infrutuosos nos anos intermedios.
O circuíto de 5´848 é o terceiro máis longo do circuíto no calendario de Fórmula Un, por detrás de Spa-Francorchamps en Bélxica e Silverstone no Reino Unido.[11] O circuíto está construído en torno ao anel olímpico de Sochi, que é o conxunto costeiro de sedes olímpicas construídas para os Xogos Olímpicos de Inverno de 2014 que foron sede das competicións de hóckey sobre xeo, patinaxe de velocidade, curling, patinaxe artístico, pista curta etc., e o Estadio Olímpico de Fisht, onde se celebraron as cerimonias de apertura e clausura. A superficie non se colocou ata logo da cerimonia de clausura dos Xogos Olímpicos.[12] Unha parte do circuíto, uns 1´7 km., forman parte da vía pública.
O circuíto, deseñado polo arquitecto alemán Hermann Tilke. A pista construída especificamente para ese evento ten 5´852 km de lonxitude, 19 curvas e permite velocidades máximas de 320 km/h. A largura da pista varía de 13 metros no seu punto máis estreito e de 15 metros na liña de meta. O circuíto, que é executado no sentido horario, está composto por 12 curvas de dereita e seis para a esquerda, e combina a alta velocidade e seccións técnicas. Coches de Fórmula 1 poden acadar unha velocidade máxima de 320 km/h na recta de 650 metros, cunha velocidade media de cerca de 215 km/h.[13]
O autódromo foi concluído en agosto de 2014 e a aceptación técnica foi feita o 19 de agosto de 2014 pola FÍA, que concedeu a licenza final. O contrato vai até 2020.[14]
A grella de saída está no extremo norte do Parque Olímpico xunto á estación de tren, en dirección suroeste cara a costa do Negro Mar. Descorre ao longo do bordo exterior da céntrica Praza das Medallas de Sochi, é dicir o podio das cerimonias de entrega de medallas olímpicas, a continuación, rodea a praza cara á esquerda e fai tres curvas ao redor do Palacio de Xeo Bolshói. A continuación, seguen unha serie de curvas pechadas antes de virar cara ao norte, onde a pista bordea o bordo do Parque Olímpico, por encima da principal vila olímpica e o Centro de Patinaxe Adler Arena. Logo pasa o centro de patinaxe e o centro de curling, antes de volver a detrás do paddock cara á estación de tren, e completar un circuíto con dous xiros á dereita de noventa grados.
Nº | Ano | Piloto | Construtor | Motor | Pneu. | Duración | Lonxitude | Voltas | Tempo | Data | GP de |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2014 | Lewis Hamilton | Mercedes | Mercedes | P | 1:31:50,744 h | 5´848 km | 53 | 202´347 km/h | 12 de outubro | Gran Premio de Rusia |
2 | 2015 | Lewis Hamilton | Mercedes | Mercedes | P | 1:37:11,024 h | 5´848 km | 53 | 191´233 km/h | 11 de outubro | |
3 | 2016 | Nico Rosberg | Mercedes | Mercedes | P | 1:32:41,997 h | 5´848 km | 53 | 200´482 km/h | 1 de maio | |
4 | 2017 | Valtteri Bottas | Mercedes | Mercedes | P | 1:28:08,743 h | 5´848 km | 52 | 206´860 km/h | 30 de abril | |
5 | 2018 | Lewis Hamilton | Mercedes | Mercedes | P | 1:27:25,181 h | 5´848 km | 53 | 212´592 km/h | 30 de setembro | |
6 | 2019 | Lewis Hamilton | Mercedes | Mercedes | P | 1:33:38,992 h | 5´848 km | 53 | 198´448 km/h | 29 de setembro | |
7 | 2020 | Valtteri Bottas | Mercedes | Mercedes | P | 1:34:00,364 h | 5´848 km | 53 | 197´697 km/h | 27 de setembro | |
8 | 2021 | Lewis Hamilton | Mercedes | Mercedes | P | 1:30:41.001 h | 5´848 km | 53 | km/h | 26 de setembro |
Taboa de récords
Piloto: Lewis Hamilton (5) • País: Reino Unido (5) • Construtor: Mercedes (8) • Motor: Mercedes (8) • Pneumáticos: Pirelli (8)
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.