Cidadán Kane
From Wikipedia, the free encyclopedia
Cidadán Kane[1] (EUA, 1941, Citizen Kane no seu orixinal inglés) é o primeiro filme realizado directamente para cinema, de Orson Welles, quen o dirixe e o interpreta, e é considerado por gran parte dos espectadores e da crítica especializada como unha das obras mestras da historia do cinema e posibelmente o máis influente na historia do cinema. Welles dirixiu dúas curtametraxes antes de Cidadán Kane, pero para seren utilizadas en montaxes teatrais.
Cidadán Kane | |
---|---|
Póster do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | Citizen Kane |
Director | Orson Welles |
Produtor | Orson Welles Richard Baer George Schaefer |
Guión | Herman J. Mankiewicz Orson Welles |
Intérpretes | Orson Welles Joseph Cotten Everett Sloane George Coulouris Dorothy Commingore Ray Collins |
Música | Bernard Herrmann |
Fotografía | Gregg Toland |
Estrea | 1941 |
Orixe | Estados Unidos |
Na rede | |
http://www2.warnerbros.com/citizenkane/ | |
Pénsase que Cidadán Kane está baseada nas vidas do magnate xornalístico William Randolph Hearst, do aeronauta e magnate do cinema Howard Hughes, e do magnate das finanzas Samuel Insull. Welles mantivo que a personaxe principal do filme, Charles Foster Kane, é resultado da mestura dun feixe de historias individuais. O filme estreouse o 1 de maio de 1941.