![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/c/cb/Head_of_a_Cyclops_Colosseum.jpg/640px-Head_of_a_Cyclops_Colosseum.jpg&w=640&q=50)
Ciclope
membros dunha raza de xigantes cun só ollo no medio da testa na mitoloxía grega / From Wikipedia, the free encyclopedia
Na mitoloxía grega, os ciclopes[1] (en grego Κύκλωψ, Kýklôps, plural Κύκλωπες Kýklôpes, que vén de κύκλος kýklos, «roda», «círculo», e ὤψ ôps, «ollo») eran os membros dunha raza de xigantes cun só ollo no medio da testa.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/c/cb/Head_of_a_Cyclops_Colosseum.jpg/320px-Head_of_a_Cyclops_Colosseum.jpg)
Houbo tres xeracións de ciclopes [2]: os fillos de Xea e Urano (ciclopes uranios, da primeira xeración), os ciclopes de Polifemo (ciclopes de Sicilia) e os ciclopes construtores de murallas; por veces estes dous últimos tipos fúndense nun mesmo grupo.