From Wikipedia, the free encyclopedia
Chryse Planitia (procedente do grego, para "Chaira Dourada") é unha suave chaira circular do hemisferio norte de Marte, fai fronteira ó norte con Acidalia Planitia e ó noroeste con Terra Tempe, cara ao leste con Arabia Terra, cara ao suroeste con Lunae Planum e no sur fai fronteira con Xanthe Terra e con Magaritifer Terra,[2], está centrada sobre as coordenadas 28,43° S 319,69° E[1]. Chryse Planitia está a cabalo entre o cuadrante de Lunae Palus[3] e o cuadrante de Oxia Palus[4]. Posúe un diámetro medio de máis de 1.500 kms[1] e o seu chan está a máis 2,5 km por debaixo do nivel do mar marciano, e pensase que é unha antiga cunca nacida a través dun grande impacto; ten algunhas semellanzas cos mares lunares, coma fallas e dorsais. A densidade de cráteres con diámetros entre 100 m a 2 km é moi parecida á media existente nos mares lunares.
Chryse Planitia amosa evidencias dunha erosión por auga acontecida no pasado e é o destino final de moitos regueiros e grandes canles que proveñen das terras altas que case rodean por completo (excepto polo norte) á planitia, incluso recolle canles que nacen no Valles Marineris e nas ladeiras da rexión de Marte. Xa que é unha das rexións máis baixas de Marte (2–3 km por debaixo da altitude media do planeta), a auga tende a fluír cara a ela. As maiores elevacións proveñen xeralmente dende a área de Tharsis e está altitude vai descendendo cara Chryse. Cara ao leste, cara a Arabia Terra, a altitude tamén se incrementa, pero Arabia Terra non acada as altitudes das Terras ó oeste e sur de Chryse Planitia. O enorme Ares Vallis provén tamén da rexión de Tharsis, viaxa atravesando case toda a Margaritifer Terra e morre en Chryse. Os Tiu Valles e Simud Valles veñen tamén a morrer a Chryse.[5] Moitos destes antigos vales foron descubertos polas sondas Viking, proporcionando evidencias fiables de cursos de auga fluíndo nunha época pasada sobre a superficie de Marte.[6][7][8]
Tense proposto que a cunca de Chryse puido no pasado conter un gran lago ou un océano durante a idade Hespérica ou a principios da idade Amazónica xa que tódalas canles e vales que morren en Chryse, fano á mesma altitude, o cal podería indicar unha antiga liña de costa. A cunca plana de Chryse ábrese (atravesando Acidalia Planitia) cara a Vastitas Borealis, a gran cunca plana que ocupa todo o polo norte marciano, se existiu un océano no polo norte marciano, Chryse sería unha gran baía dese océano.
A Viking 1 aterrou en Chryse Planitia, pero a lugar de aterraxe non estaba preto das canles e o terreo nese punto era principalmente de orixe volcánica. A Mars Pathfinder aterrou xusto na desembocadura de Ares Vallis, xusto entre a fronteira de Chryse Planitia e Margaritifer Terra.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.