Chorima
flor do toxo / From Wikipedia, the free encyclopedia
A chorima[1] ou chorida[2] é a flor do toxo. É unha flor moi olorosa de cáliz amarelo e pétalos de 13–20 mm de cor amarela clara. O froito é negro, dun tamaño arredor dos 15 mm, moi veludo e tóxico.
Existen numerosas variantes dialectais: charuma, cherumia, chirumia, chorida, chorimas, chourima, churida, churuma e chusmigo. Na fala mindoniense dise xorima.
Nunha canción do grupo galego Saraibas, a cal leva o mesmo nome co da flor, fáiselle unha oda resumindo claramente as súas características. Di así:
- "Chorima nosa chorima, tan amarela no monte, ti e-la fror dos galegos, dos de onte e dos de hoxe. Fror de toxo, fror de toxo, fror da galeguidade as raíces son a ialma a chorima a saudade. Arrecendes os toxales, non te quixeches na casa, ergueita brava e ceibe como os galegos de raza. Somente a nosa terra abona a túa semente, chorima ti sí es nosa, fúche-lo e sera-lo sempre".