![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/1/14/Flag_of_Chiclana_de_la_Frontera_Spain.svg/langgl-640px-Flag_of_Chiclana_de_la_Frontera_Spain.svg.png&w=640&q=50)
Chiclana de la Frontera
From Wikipedia, the free encyclopedia
Chiclana de la Frontera é unha cidade española situada na provincia de Cádiz, en Andalucía. Atópase na comarca da Baía de Cádiz da cal dista 25 quilómetros.[1] A fundación da actual Chiclana produciuse no ano 1303, cando o rei Fernando IV de Castela entregou as terras á Casa de Medina Sidonia. O actual casco urbano levantouse durante o século XVIII. Na guerra da Independencia española produciuse a batalla de Chiclana entre franceses e aliados anglo-españois. Hoxe en día, a economía de Chiclana depende dunha industria moderna e do turismo, especialmente das praias e dos campos de golf asentados fundamentalmente no Novo Sancti Petri, urbanización que conta co maior número de prazas hoteleiras da provincia de Cádiz e de toda a Costa da Luz.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Andalucía | ||||
Provincia | Provincia de Cádiz ![]() | ||||
Capital | Chiclana de la Frontera ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 88.709 (2023) ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 205,45 km² ![]() | ||||
Bañado por | Océano Atlántico ![]() | ||||
Altitude | 11 m ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 15 de maio de 1303 ![]() | ||||
Organización política | |||||
• Alcalde ![]() | Ernesto Marín (en) ![]() ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 11130 ![]() | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 956 ![]() | ||||
Código INE | 11015 ![]() | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | chiclana.es ![]() | ||||
![]() |
O termo municipal fai fronteira polo norte cos concellos de San Fernando e Puerto Real; pola costa cara ó sur con Conil de la Frontera e por terra limita con Medina Sidonia e unha pequena parte de Vejer de la Frontera. O concello contaba en 2016 cunha poboación de 84 680 persoas.[2] e ten unha densidade de poboación de 400 hab/km². Atópase a unha altitude de 11 msnm.