xornal From Wikipedia, the free encyclopedia
O Chicago Sun-Times é un xornal estadounidense publicado na cidade de Chicago, Illinois. É a publicación insignia do grupo Sun-Times Media Group. É o xornal que foi publicado continuamente por máis tempo na cidade. Comezou en 1844 como o Chicago Evening[1] Journal (que foi o primeiro en publicar o murmurio, que agora se cre falso, de que unha vaca propiedade de Catherine O'Leary foi responsable do grande incendio de Chicago de 1871).[2] O Evening Journal, cuxo edificio no lado sur da canle non sufriu danos, cedeulle un espazo ó Chicago Tribune temporalmente mentres era reconstruído. En 1929, o xornal foi reinaugurado como o Chicago Daily Illustrated Times.
Chicago Sun-Times | |
---|---|
Tipo | Xornal diario |
Fundación | 1948 |
Propietario | Sun-Times Media Group |
Editorial | Sun-Times Media Group |
Lingua | Inglés |
Localidade | Chicago |
ISSN | 1553-8478 |
Na rede | |
http://chicago.suntimes.com/ | |
| |
[ editar datos en Wikidata ] |
O xornal moderno xurdiu da fusión en 1948 do Chicago Sun, fundado en 1941 por Marshall Field III, e o Chicago Daily Times. O xornal era propiedade de Field Enterprises, controlado pola familia Marshall Field, que adquiriría o Chicago Daily News en 1959 e lanzaría a televisora WFLD en 1966. Cando o Daily News deixou de publicarse en 1978, boa parte do seu persoal, incluíndo o columnista gañador dun Premio Pulitzer Mike Royko, foi recolocado ó Sun-Times. Durante o período Field, o xornal tivo un carácter populista, progresista na liña do Partido Demócrata pero era independente da organización dos demócratas na cidade. Aínda que o seu estilo gráfico era de tabloide urbano, o xornal era de boa calidade xornalística e non dependía de historias de primeira plana sensacionais. Polo xeral publicaron artigos do servizo de cables do Washington Post ou Los Angeles Times.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.