From Wikipedia, the free encyclopedia
Chester William Nimitz nado o 24 de febreiro 1885 en Fredericksburg (Texas) e finado en Yerba Buena Island (California) o 20 de febreiro de 1966 foi un almirante estadounidense.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2012.) |
Graduouse na Academia Naval. Durante a primeira guerra mundial serviu na frota submarina do Atlántico. Posteriormente foi nomeado comandante da I división de Acoirazados e xefe da Oficina de Navegación
Tras o ataque xaponés a Pearl Harbour en decembro de 1941, foi nomeado comandante en xefe da frota do Pacífico. Procurou manter a moral e a operatividade da armada americana ante os avances fulgurantes dos xaponeses en tódalas frontes. Para iso ordenou unha guerra submarina sen restricións e ofensivas con portaavións contra bases terrestres.
Unha vez que a industria de guerra estadounidense conseguiu recuperarse dos primeiros desastres provocados polas vitorias xaponesas, Nimitz asestou un golpe crucial no corazón do Pacífico na batalla de Midway (xuño de 1942). Seguidamente, pasou á contraofensiva mediante asaltos ás Illas Aleutinas, Gilbert, Marshall e Marianas. Uniuse ao avance americano no Pacífico Suroccidental das tropas de Douglas MacArthur na colosal batalla do Golfo de Leyte, que acabou coa capacidade ofensiva nipoa e cortou o fornecemento dos xaponeses que ocupaban Indonesia e Indochina. Emprendéronse logo os desembarcos de Iwo Jima e Okinawa, dobregando con gran custo de homes e recursos a teimuda resistencia nipoa e minando os seus peiraos.
Finalmente, o 2 de setembro de 1945 asinou a acta de rendición xaponesa a bordo do Missouri.
A súa defensa da guerra submarina sen restricións influíu para que o almirante alemán Karl Dönitz vise unha condena de só 10 anos nos xuízos de Nüremberg. A ONU nomeouno presidente da Comisión para dirimir os conflitos territoriais entre a India e Paquistán. Presidiu o Comité Federal de Seguridade Interior creado por Harry S. Truman. Foi reitor da Universidade de California.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.