físico chinés From Wikipedia, the free encyclopedia
Chen Nin Franklin Yang, nado en Hefei o 22 de setembro de 1922, é un físico chinés-estadounidense que traballou na mecánica estatística e os principios de simetría.
Aos 35 anos recibiu, xunto a Tsung-Dao Lee, o premio Nobel de Física pola súa teoría de que as interaccións débiles entre partículas elementais non tiñan paridade simétrica. Isto foi máis tarde verificado experimentalmene por Chien-Shiung Wu.
Yang é tamén recoñecido pola súa colaboración con Robert Mills para desenvolver unha teoría de gauge dunha nova clase. Esas teorías de Yang-Mills son agora unha parte fundamental do Modelo Estándar para física de partículas.
Realizou os seus estudos en Pequín e Kamming. Recibiu o seu título da Universidade Nacional Asociada do Suroeste en Kamming en 1942. Dous anos despois estudou para máster na Universidade Tsinghua tamén en Kamming. Recibiu o seu título de doutor en Física en 1948 na Universidade de Chicago e permaneceu un ano como axudante de Enrico Fermi. En 1949 mudouse ó Instituto de Estudos Avanzados en Princeton e en 1965 á Universidade de Stony Brook.
Foi nomeado membro da Sociedade Americana de Física e da Academia Sínica e recibiu un doutoramento honorífico da Universidade de Princeton en 1958.
Casou en 1950 con Chih-li Tuh e tivo dous fillos e unha filla.
En 1999 retirouse da Universidade de Stony Brook para volver á Universidade de Tsinghua. A súa esposa morreu en 2003 e Yang, á idade de 82 anos, comprometeuse cunha moza física de 28 anos chamada Weng Fan con quen casou en 2005. Desde entón ten recibido moitas críticas da prensa chinesa.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.