From Wikipedia, the free encyclopedia
Chelonoidis é un xénero de tartarugas da familia Testudinidae.[1][2] Encóntranse en Suramérica continental e nas illas Galápagos (a 1 000 km da costa suramericana do Pacífico). Anteriormente foran asignadas ao xénero Geochelone, pero unha análise xenética comparativa posterior indicou que en realidade están máis estreitamente relacionadas coas tartarugas africanas do xénero Kinixys.[3] Os seus antepasados eran africanos e aparentemente chegaron cruzando o Atlántico flotando no Oligoceno.[3] Esta longa travesía foi posible pola súa capacidade de flotar coas cabezas ergueitas e de sobrevivir seis meses ou máis sen comida nin auga.[3]
Chelonoidis | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Chelonoidis denticulata coas súas característicos patas con puntos amarelos. | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
|
Cos cambios taxonómicos recentes, do antigo xénero Geochelone separáronse unha gran parte das súas especies,[3] que foron asignadas a xéneros propios, que son: Aldabrachelys (das Seychelles e Madagascar), Astrochelys (Madagascar)[4], Chelonoidis (Suramérica e illas Galápagos), Stigmochelys (África)[4], e o xénero antigo extinto Colossochelys (sur de Asia).
Os membros do xénero Chelonoidis que viven nas illas Galápagos (que foron antes tratados como subespecies e agora como especies que forman un complexo de especies relacionadas) están entre os quelonios terrestres existentes de maior tamaño. Especies xigantes deste xénero estaban presentes tamén na Suramérica continental durante o Plistoceno, pero agora as especies continentais son máis pequenas que as das Galápagos.[5]
Velaquí unha listaxe alfabética das especies separadas por zonas xeográficas.[1][2]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.