From Wikipedia, the free encyclopedia
Os Cheetahs, coñecidos por motivos de patrocinio como Toyota Cheetahs, son un equipo de rugby surafricano con sede nada cidade de Bloemfontein (Estado Libre). Após competir entre 2006 e 2017 no Super Rugby, actualmente compite no Pro14, unha competición profesional que agrupa a equipos de Escocia, Gales, Irlanda, Italia e Suráfrica. O estadio onde xogan os seus partidos como local é o Free State Stadium, un recinto inaugurado en 1955 con capacidade para 46.000 espectadores.
Nome | Toyota Cheetahs | ||
---|---|---|---|
Unión | South African Rugby Union | ||
Emblema | Guepardo | ||
Fundación | 2005; hai 19 anos | ||
Sede | Bloemfontein, Suráfrica | ||
Estadio(s) | Free State Stadium | ||
Capacidade | 46.000 espectadores | ||
Presidente | Franco Smith | ||
Adestrador | Hawies Fourie | ||
Capitán | Tian Meyer | ||
Liga(s) | Pro14 | ||
2018−19 | 6º (conferencia A) | ||
| |||
Na rede | |||
http://www.fscheetahs.co.za/ | |||
A área de influencia do equipo abarca a metade occidental da provincia do Estado Libre, a mesma que a dos Free State Cheetahs da Currie Cup, competición entre equipos representantes das provincias ou rexións do país. Entre os anos 2006 e 2015, o club estaba asociado cos Griffons da metade oriental do estado e cos Griquas do Cabo Setentrional. Os Cheetahs foron fundados como un dos dous equipos que entraron na ampliación do Super 14 en 2006, sendo o outro os Western Force australianos, e converténdose así no quinto equipo surafricano da competición. Na súa primeira temporada, os Cheetahs tiveron un rendemento por riba do esperado, acabando en décimo lugar de catorce.
Os Cheetahs xogan os seus encontros como locais no Free State Stadium de Bloemfontein, un estadio con capacidade para 46.000 espectadores. O recinto foi empregado na Copa do Mundo de Rugby 1995 e no Mundial de Fútbol Suráfrica 2010. Os Cheetahs tamén xogan algúns encontros no Park Stadium da cidade de Kimberley.
Os seguintes son os xogadores dos Cheetahs para o Pro14 de 2019−20.[1]
Competición | Ano | Temporadas dos Cheetahs | Máx. anotador ensaios | Máx. anotador puntos | ||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Pos | Finais | X | V | D | E | PF | PC | -/+ | PB | Pts | Nome | Ensaios | Nome | Puntos | ||
Super 14 | 2006 | 10º | – | 13 | 5 | 8 | 0 | 272 | 367 | –95 | 7 | 27 | Giscard Pieters | 5 | Meyer Bosman | 81 |
2007 | 11º | – | 13 | 4 | 8 | 1 | 265 | 342 | –77 | 4 | 22 | 3 xogadores | 2 | Willem de Waal | 54 | |
2008 | 13º | – | 13 | 1 | 12 | 0 | 255 | 428 | –173 | 9 | 13 | Jongi Nokwe | 7 | Conrad Barnard | 47 | |
2009 | 14º | – | 13 | 2 | 11 | 0 | 213 | 341 | –128 | 3 | 11 | Jongi Nokwe | 6 | Jacques-Louis Potgieter | 59 | |
2010 | 11º | – | 13 | 5 | 7 | 1 | 315 | 393 | –78 | 4 | 26 | Björn Basson | 5 | Naas Olivier | 112 | |
Super Rugby | 2011 | 11º | – | 16 | 5 | 11 | 0 | 435 | 437 | –2 | 12 | 40 | Sarel Pretorius | 9 | Sias Ebersohn | 179 |
2012 | 10º | – | 16 | 5 | 11 | 0 | 391 | 458 | –67 | 10 | 38 | Willie le Roux | 7 | Johan Goosen | 145 | |
2013 | 6º | Final clasif. | 16 | 10 | 6 | 0 | 382 | 358 | 24 | 6 | 54 | Willie le Roux | 6 | Burton Francis | 62 | |
2014 | 14º | – | 16 | 4 | 11 | 1 | 372 | 527 | –155 | 6 | 24 | Cornal Hendricks | 6 | Johan Goosen | 143 | |
2015 | 13º | – | 16 | 4 | 12 | 0 | 247 | 434 | –187 | 6 | 22 | Boom Prinsloo | 8 | Joe Pietersen | 92 | |
2016 | 14º | – | 15 | 4 | 11 | 0 | 377 | 425 | –48 | 5 | 21 | Sergeal Petersen | 9 | Fred Zeilinga | 79 | |
2017 | 13º | — | 15 | 4 | 11 | 0 | 395 | 551 | –156 | 5 | 21 | Raymond Rhule | 6 | Fred Zeilinga | 108 | |
Pro14 | 2017–18 | 3º | Cuartos de final | 21 | 12 | 9 | 0 | 609 | 554 | 55 | 15 | 63 | Makazole Mapimpi | 10 | Fred Zeilinga | 86 |
2018–19 | 6º | — | 21 | 8 | 12 | 1 | 541 | 606 | –61 | 12 | 46 | Rabz Maxwane | 14 | Tian Schoeman | 134 |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.