![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/c/c4/C%25C3%25ADrculo_de_Bellas_Artes_%2528Madrid%2529_05.jpg/640px-C%25C3%25ADrculo_de_Bellas_Artes_%2528Madrid%2529_05.jpg&w=640&q=50)
Checa (guerra civil española)
From Wikipedia, the free encyclopedia
Unha checa ou cheka era unha instalación que durante a guerra civil española foi utilizada na zona republicana á marxe das leis para deter, interrogar, torturar, xulgar de forma sumarísima e executar a sospeitosos de simpatizar co bando rebelde.[1][2][3] As checas foron utilizadas principalmente por algunhas persoas ou grupos relacionados con partidos e sindicatos que operaban na zona republicana.[4]
- Para outros termos homónimos, véxase checa.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/c/c4/C%C3%ADrculo_de_Bellas_Artes_%28Madrid%29_05.jpg/640px-C%C3%ADrculo_de_Bellas_Artes_%28Madrid%29_05.jpg)
Polo xeral, estas instalacións eran coñecidas pola rúa onde se atopaban, ou ben polo nome de quen as dirixía. Á parte das que dependían de organismos do Estado —como a coñecida como Checa de Belas Artes, máis tarde de Fomento, dependente do Comité Provincial de Investigación Pública—, varios partidos políticos, ateneos, comités, sindicatos ou organizacións vinculados á Fronte Popular ou á CNT dispuxeron dunha checa.[5]