actriz, produtora e modelo surafricana e estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia
Charlize Theron,[1] nada o 7 de agosto de 1975[2] en Benoni, Gauteng, Suráfrica é unha actriz, produtora e modelo surafricana[3] e estadounidense. É unha das actrices mellor pagadas do mundo, e ao longo da súa carreira recibiu varios galardóns, incluíndo un Premio Óscar, un Screen Actors Guild Award e un Globo de Ouro.[4][5][6] En 2016, a revista Time considerouna unha das 100 persoas máis influentes do mundo.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de agosto de 1975 (49 anos) Benoni (cidade), Suráfrica (pt) |
Residencia | Os Ánxeles |
Altura | 177 cm |
Lateralidade | manicho |
Actividade | |
Ocupación | actriz, actriz de televisión, actriz de cinema, produtora, modelo, actriz de dobraxe |
Período de actividade | 1995 - |
Partido político | Partido Demócrata |
Participou en | |
Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2013 | |
Familia | |
Parella | Sean Penn (2013–2015) Stuart Townsend (2001–2010) |
Fillos | Jackson Theron () August Theron () |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, Babepedia (en) |
Páxina web | charlizeafricaoutreach.org |
|
Theron acadou a fama internacional durante a década de 1990 en filmes como Pactar co demo (1997), Mighty Joe Young (1998) e As normas da casa da sidra (1999). Recibiu a aclamación da crítica intepretando a asasina en serie Aileen Wuornos en Monster (2003), o cal lle valeu un Oso de Prata e un Óscar á mellor actriz, converténdose na primeira surafricana en gañar un Óscar nunha categoría de interpretación. Recibiu outro nomeamento aos Óscar polo seu papel en En terra de homes (2005).
Theron naceu en Benoni,[7] na antiga provincia surafricana de Transvaal e hoxe en día provincia de Gauteng. Filla única de Gerda Maritz[8] (tamén coñecida como Gerta)[9] e Charles Theron.[8] A súa nai posúe ascendencia alemá e o seu pai ascendencia francesa occitana e neerlandesa. A actriz é descendente dos primeiros colonos hugonotes e o seu tatara-tío foi Danie Theron,[10] quen tivo un papel importante na guerra anglo-bóer. Theron é un apelido occitano (orixinalmente escrito Théron) que se pronuncia en afrikaans como Tronn, malia que ela declarou en entrevistas que en Suráfrica o seu apelido pronúnciase como Thrown.[11] Cando se mudou aos Estados Unidos cambiou a pronunciación do seu apelido.
Aínda que fala inglés fluidamente, o seu idioma materno é o afrikaans.[12][13][14] Medrou na granxa dos seus pais en Benoni,[14] preto de Xohanesburgo. O seu pai morreu o 21 de xuño de 1991, despois de que a súa nai lle disparase. Charles Theron, quen era alcohólico, atacou fisicamente á súa nai e ameazou a ambas mulleres mentres estaba baixo os efectos do alcohol.[15] O xurado declarou que o homicidio foi en defensa propia e a súa nai foi absuelta de todos os cargos.[16][17]
Theron asistiu á escola primaria Putfontein (Laerskool Putfontein) e segundo as súas declaracións aqueles anos foron un período no que tivo problemas de integración.
Adoitaba usar lentes de nerd porque non podía ver e non gustaba aos rapaces. [...] Non tiña mozos, mais si moitos namoramentos [...] Non estaba no grupo dos populares. Na escola había unha rapaza moi popular e estaba obsesionada con ela [...] Unha vez chorei porque non puiden sentar xunto a ela [...] De feito recibín moita antipatía das rapazas malas entre os 7 e os 11 anos. Máis ou menos era un desastre na escola primaria. Cando ingresei na secundaria logrei sacar todo do meu sistema e era máis inmune a ese tipo de cousas.[18]
Aos trece anos foi enviada a un internado e iniciou os seus estudos na National School of the Arts en Xohanesburgo.[19]
Ano | Título | Papel | Notas |
---|---|---|---|
1995 | Children of the Corn III: Urban Harvest | Muller xove | Sen acreditar |
1996 | 2 Days in the Valley | Helga Svelgen | |
1996 | That Thing You Do! | Tina Powers | |
1997 | Hollywood Confidential | Sally | Telefilme |
1997 | Trial and Error | Billie Tyler | |
1997 | Pactar co demo | Mary Ann Lomax | |
1998 | Celebrity | Supermodelo | |
1998 | Mighty Joe Young | Jill Young | |
1999 | The Astronaut's Wife | Jillian Armacost | |
1999 | As normas da casa da sidra | Candy Kendall | |
2000 | Reindeer Games | Ashley Mercer | |
2000 | The Yards | Erica Stoltz | |
2000 | The Legend of Bagger Vance | Adele Invergordon | |
2000 | Men of Honor | Gwen Sunday | |
2001 | Sweet November | Sara Deever | |
2001 | The Curse of the Jade Scorpion | Laura Kensington | |
2001 | 15 Minutes | Rose Heam | |
2002 | Trapped | Karen Jennings | |
2002 | Waking Up in Reno | Candy Kirkendall | |
2003 | The Italian Job | Stella Bridger | |
2003 | Monster | Aileen Wuornos | |
2004 | The Life and Death of Peter Sellers | Britt Ekland | |
2004 | Head in the Clouds | Gilda Bessé | |
2005 | En terra de homes | Josey Aimes | |
2005 | Æon Flux | Æon Flux | |
2007 | In the Valley of Elah | Detective Emily Sanders | |
2008 | Sleepwalking | Joleen | Tamén produtora |
2008 | Hancock | Mary Embrey | |
2008 | Battle in Seattle | Ella | |
2009 | The Burning Plain | Sylvia | |
2009 | The Road | A esposa | |
2009 | Astro Boy | Narradora | |
2011 | Young Adult | Mavis Gary | |
2012 | Snow White and the Huntsman | Raíña (Branca Neves) | |
2012 | Prometheus | Meredith Vickers |
Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.