historiador e numismático inglés From Wikipedia, the free encyclopedia
Charles Theodore Seltman, nado o 4 de agosto de 1886 en Paddington, Londres, e finado o 28 de xuño de 1957 en Cambridge, foi un historiador da arte e numismático inglés especializado na Idade Antiga.[1][2]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de agosto de 1886. Paddington, Reino Unido (pt) |
Morte | 28 de xuño de 1957. Cambridge. Inglaterra |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino Unido. |
Educación | Universidade de Cambridge |
Q89547790 | Estudos de historia e numismática de Antigüidade. |
Actividade | |
Campo de traballo | Historiografía e numismática. |
Ocupación | historiador , historiador da arte , arqueólogo , numismático , profesor universitario |
Lingua | Lingua inglesa |
Familia | |
Cónxuxe | Isabel May Griffiths Dane. |
Pai | Ernest John Seltman (en) |
Premios | |
- (1945): Medalla da RNS. - (1954): Medalla Huntington, da ANS. | |
Charles Seltman procedía dunha familia escocesa procedente de Edimburgo; era fillo de Ernest John Seltman e de Barbara Smith Watson. O seu pai iniciouno xa de neno no interese pola cultura e a numismática da Antiga Grecia.[1]
Recibiu a súa educación primaria na escola Berkhamsted, vinculada á igrexa anglicana, e posteriormente, durante a primeira guerra mundial combateu en Francia, no rexemento Suffolk de infantaría.[1]
O 6 de xuño de 1917 casou con Isabel May Griffiths Dane (1893-1935), sobriña de Louis Dane, un alto funcionario da administración colonial británica na India.[1]
En 1918 ingresou no Queen's College, da Universidade de Cambridge, onde fixo os estudos de Historia, con especialidade en Arqueoloxía, dos que se graduou en 1922. O curso seguinte continuou a súa formación na Escola Británica de Atenas e en 1925 acadou o seu grao de mestrado en Cambridge, baixo a dirección de William Ridgeway e Arthur Berbard Cook.[1]
En 1926 comezou a impartir docencia de Estudos Clásicos no Queens' College, da Universidade de Cambridge, e nos anos seguintes participou en varias expedicións arqueolóxicas.[1]
No curso 1929-1930 trasladouse aos Estados Unidos para impartir clases no Archaeological Institute of America, en Boston, e o ano seguinte foi profesor no Oberlin College, en Ohio. De volta a Europa, a súa estadía como profesor de Collège de France concluíu en 1940 por mor da invasión Nazi.[1]
Ao seu regreso a Inglaterra organizou varias exposicións, entre elas para a Royal Academy (1942) e para a Burlington House (1946).[1]
Seltman é coñecido pola súa tese de que as sociedades autoritarias producen arte abstracta, en tanto que as sociedades libres producen arte figurativa, postulada no seu artigo "Art and Society", publicado en 1953.[1][3]
A súa muller está soterrada no cemiterio da parroquia da Ascensión, en Cambridge. Pola contra, logo do seu falecemento en Cambridge o 28 de xuño de 1957, Charles Seltman foi cremado nesa localidade o 1 de xullo e, consonte a súa vontade expresa, as súas cinzas foron esparexidas polo Mediterráneo nas proximidades de Mallorca.[2]
Charles Seltmann publicou numerosos artigos nas revistas de historia, arte e numismática da súa época, así como un bo número de traballos monográficos.[1][6][7][8]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.