Charles Baudelaire
escritor e crítico de arte francés / From Wikipedia, the free encyclopedia
Charles Pierre Baudelaire ([ʃaʁl(ə) bodlɛʁ]),[1] nado en París o 9 de abril de 1821 e finado na mesma cidade o 31 de agosto de 1867, foi un dos máis influentes poetas franceses do século XIX.
(1863) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (fr) Charles-Pierre Baudelaire 9 de abril de 1821 París, Francia |
Morte | 31 de agosto de 1867 (46 anos) París, Francia |
Causa da morte | Sífilis |
Lugar de sepultura | Cemiterio de Montparnasse, 6 |
Datos persoais | |
Residencia | rue d'Amsterdam (en) |
País de nacionalidade | Francia |
Relixión | Catolicismo |
Educación | Liceo Louis-le-Grand Lycée Saint-Louis (pt) |
Actividade | |
Campo de traballo | Poesía |
Ocupación | poeta , crítico literario , tradutor , crítico , escritor , ensaísta , tradutor , crítico de arte , xornalista |
Período de actividade | 1844 - 1866 |
Xénero artístico | Elexía e Decadentismo |
Movemento | Simbolismo |
Influencias | |
Lingua | Lingua francesa |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | sen valor |
Parella | Jeanne Duval (pt) |
Pais | Joseph François Baudelaire (pt) e Caroline Archimbaut-Dufays Baudelaire Aupick (pt) |
Premios | |
|
Orfo de pai en 1827 a súa nai casou cun oficial, educado en Lión e París, descontenta a súa familia coa vida que levaba, en 1841 embarcouno nunha viaxe á India, de volta a Francia instalouse en París e proseguiu coa vida desordenada, entrou nos círculos artísticos e literarios da capital, ao tempo que escandalizaba a cidade coas súas relacións con Jeanne Duval, unha mulata que inspiraría algunhas das súas mellores poesías.[2]
En 1857 publica As flores do mal. As autoridades acúsano de ultraxar a moral pública e prohíbese a difusión do libro. O estilo orixinal de prosa-poesía de Baudelaire influíu nunha xeración de poetas, incluíndo a Paul Verlaine, Arthur Rimbaud e Stéphane Mallarmé. Acuñou o termo modernidade (modernité) para designar a experiencia fugaz da vida nunha metrópole urbana, e a responsabilidade da expresión artística para plasmar esa experiencia.[3] Marshall Berman considerou a Baudelaire como o primeiro modernista.[4]