Chaos (xénero)
From Wikipedia, the free encyclopedia
Chaos é un xénero de amebas xigantes da familia Amoebidae. A especie Chaos carolinensis pode atinguir os 5 mm, mais a maioría mide de 1 a 3 mm.[1][2][3] Son amebas espidas que se moven por medio de pseudópodos (movemento ameboide). O citoplasma divídese nun endoplasma fluído que contén os numerosos núcleos, gránulos e vacúolos dixestivos, e o ectoplasma, que é máis viscoso e que non contén ningún gránulo. Este xénero está moi relacionado con Amoeba, coa cal comparte a mesma morfoloxía xeral e a formación de numerosos pseudópodos cilíndricos. Porén, Chaos presenta centos de núcleos, pero Amoeba ten soamente un.
Chaos | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Chaos carolinensis | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Especies | |||||||||||||
|
Os membros do xénero son semellantes ás Amoeba, e comparten a mesma morfoloxía xeral, producindo numerosos pseudópodos cilíndricos, cada un arredondado no extremo [4]. Porén, Amoeba é uninucleada, e Chaos, polo contrario, pode chegar a ter mil núcleos. Debido a esta característica, C. carolinensis, foi clasificada primeiramente no xénero Pelomyxa xunto con outra ameba multinucleada xigante, Pelomyxa palustris[5]. Recentemente, os estudos filoxenéticos moleculares da especie confirmaron que está máis relacionada co xénero Amoeba que co Pelomyxa, e clasifícase no xénero Chaos [6].
Aliméntase de bacterias, fungos, outros protistas e rotíferos pluricelulares.[2] Son heterótrofos como todos os membros de Amoebozoa, sobre todo limpadores e encóntranse no fondo de hábitats de auga doce. A especie máis notable é C. carolinense. A célula non posúe citostoma, polo que non hai un sitio fixo na membrana onde teña lugar a fagocitose[7].
A membrana celular ou plasmalema é extremadamente plástica, permitindo ao organismo mudar de forma. O citoplasma no interior da membrana descríbese normalmente como formado por dúas partes: un fluído interno, ou endoplasma, que contén gránulos e vacúolos alimenticios, e orgánulos como o núcleo ou a mitocondria; e un ectoplasma máis viscoso arredor do perímetro da célula, que é relativamente claro e non contén gránulos visibles. Como outras amebas lobosas, Chaos pode moverse por medio de pseudópodos. Publicouse unha ampla literatura científica grazas ao esforzo realizado para describir este movemento[8].