From Wikipedia, the free encyclopedia
Os Tubulinea son un dos grandes grupos de Amoebozoa, aos que se lle dá categoría de clase nalgunhas clasificacións, e que inclúen algunhas das amebas de maior tamaño e mellor coñecidas, como as dos xéneros Amoeba, Arcella, e Difflugia.
Tubulinea | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Unha ameba típica | |||||||||
Clasificación científica | |||||||||
| |||||||||
Ordes e Familias | |||||||||
Tubulinida
|
Durante a súa locomoción a maioría dos Tubulinea teñen unha forma aproximadamente cilíndrica ou forman numerosos pseudópodos cilíndricos. Cada cilindro avanza por medio dunha soa corrente de citoplasma, de aparencia granular, e non teñen subpseudópodos. Isto distíngueos doutros grupos ameboides, aínda que nalgúns membros este non é o tipo normal de locomoción.
Esta clase foi anticipada por algúns biólogos como Jahn, que agruparon nun mesmo taxon todas as amebas con pseudópodos granulares,[1] pero a maioría dividen as amebas lobosas en testadas (Testacealobosia) e espidas (Gymnamoebia). Estas posteriormente foron consideradas polifiléticas, pero as árbores moleculares de Bolivar et al.[2] identificaron un subgrupo central monofilético. Posteriores estudos mostraron que as amebas lobosas testadas pertencían ao mesmo grupo, que foi renomeado como Lobosea sensu stricto[3] ou Tubulinea.[4]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.