parte dunha escaleira ou escada From Wikipedia, the free encyclopedia
Denomínase chanzo, banzo[1] ou paso a cada unha das superficies planas de pedra, madeira ou outra materia dunha escaleira, nas que se vai pisando ao subir ou baixar[2]. Denomínase tamén banzo a cada unha das travesas ou barras horizontais dunha escada, onde se apoian os pés.
Este artigo trata sobre a parte da escaleira, para os distintos niveis que serven de asento para os espectadores, véxase Bancada.
A parte vertical denomínase tabica ou alzada[3]. Pódense distinguir os seguintes tipos de chanzos:
Chanzo curvo. Aquel cuxos bordos describen unha curva.
Chanzo cadrado ou recto. O que ofrece igual ancho polas súas dúas caras.
Chanzo de abano.[4] O que pasa diagonalmente no relanzo dunha escaleira.
Chanzo de ángulo. O que nas voltas ou ángulos das escaleiras serve de relanzo e é por conseguinte de maior anchura que os superiores.
Chanzo de relanzo.[4] O que forma o rebordo dun relanzo.
Chanzo en declive. Aquel cuxa superficie superior está inclinada no canto de estar horizontal.
Chanzo en semiángulo. O que está colocado inmediatamente encima ou debaixo dos de ángulo.
Dicionario da Real Academia Galega, A Coruña, RAG, 2012; Dicionario visual da construción, Santiago de Compostela, Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, 2004