crema batida azucrada e aromatizada From Wikipedia, the free encyclopedia
O chantillí[1][2] (a partir do francés: crème chantilly, pola vila francesa de Chantilly) é unha crema elaborada con nata batida a punto de neve, con adición de azucre ou aromas (normalmente vainilla), moi utilizada en repostaría e pastelaría. A receita orixinal débese a François Vatel do século XVII. Algúns autores, especialmente franceses, consideran ao chantillí sinónimo de nata batida, outros din que a nata batida non ten que necesariamente ter azucre ou aromas, mentres que o chantillí si[3][4][5][6][7][8].
A crema chantillí utilízase en pastelaría para a decoración. É igualmente moi apreciada sobre as copas de xeado e serve tamén para o café vienés: café quente cuberto de chantillí e empoado con flocos ou po de chocolate negro. Consérvase na xeadeira até a súa utilización.
Fóra do ámbito da repostaría, adóitase ver o seu uso en xogos ou preliminares sexuais.
Unha variante da crema chantillí utiliza un chocolate fundido rico en manteiga de cacao no canto da crema de leite ou unha mestura de crema de leite azucrada e de chocolate fundido. A preparación manual é moito máis delicada, porque fai falla arrefriar a mestura aos poucos para evitarmos a solidificación e a aglomeración do chocolate antes de que se forme a escuma.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.