![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/4/46/Chaitanya-Mahabrabhu-at-Jagannath.jpg/640px-Chaitanya-Mahabrabhu-at-Jagannath.jpg&w=640&q=50)
Chaitanya Mahaprabhu
From Wikipedia, the free encyclopedia
Shri Krishna Chaitanya Mahaprabhu (en sánscrito: Śrī Kṛṣṇa Caitanya Mahāprabhu), honorífico: "Mahāprabhu" ("Gran Señor"), nado en Nabadwip[1] o 18 de febreiro de 1486 e finado o 14 de xuño de 1533, foi un gurú indio considerado polos seus seguidores a Personalidade Suprema da Divindade e o defensor xefe da escola vedanta da Achintya Bheda Abheda (Inconcibíbel Diferenza/Unidade) e da tradición Gaudiya Vaishnavism do hinduísmo. Tamén expuxo a escola Vaishnava do ioga bhakti baseada no Bhagavata Purana e no Bhagavad Gita.[2] Das varias formas das expansións directas ou indirectas de Krishna como o Señor Narasimha (Home-León; Krishna en forma de ira), Mahavishnu e Garbhodaksayi Vishnu respectivamente, considérase que é Krishna en forma de Radha.[3][4] Popularizou o canto do mantra Hare Krishna[5] e compuxo o Siksastakam (oito pregarias devotas) en sánscrito. Os seus seguirores da Gaudiya Vaishnava reverénciano como Krishna coa forma e a complexión da súa fonte de inspiración Radha.[6] O día do seu nacemento celébrase como o Gaura-purnima.[7][8]
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (bn) বিশ্বম্ভর মিশ্র ![]() 1486 ![]() Nabadwip (pt) ![]() ![]() |
Morte | 1534 ![]() Puri (pt) ![]() ![]() |
Causa da morte | homicidio, afogamento septicemia (en) ![]() Trabada de serpe ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Sultanate of Bengal (en) ![]() ![]() |
Relixión | Vishnuísmo ![]() |
Actividade | |
Ocupación | sannyasi (en) ![]() ![]() |
Lingua | Lingua sánscrita ![]() |
Familia | |
Cónxuxe | Vishnupriya |
![]() |
Chaitanya tamén recibe os nomes de Gauranga ou Gaura debido á súa fermosa complexión,[9] e Nimai debido a que naceu baixo unha árbore do nim.[10]