Chacolí
viño branco de Euskadi, Cantabria e norte de Burgos / From Wikipedia, the free encyclopedia
O chacolí [1] (do éuscaro txakolin) é unha bebida alcohólica producida a partir de uvas verdes, o que provoca unha certa acidez. As variedades cultivadas son a Hondarribi zuri e a Hondarribi beltza (esta última moito menos estendida). Lixeiramente carbonatado, cunha gradación alcohólica duns 10'5-12º vol. A maior produción céntrase no País Vasco, especialmente nas adegas das localidades costeiras de Getaria e Zarautz, ambas as pertencentes á Denominación de Orixe Getariako Txakolina.