![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/c/ce/Flag_Of_Ceuta.svg/langgl-640px-Flag_Of_Ceuta.svg.png&w=640&q=50)
Ceuta
cidade autónoma española, enclave situado na costa norte de África rodeada por Marrocos / From Wikipedia, the free encyclopedia
Ceuta é unha cidade autónoma española, enclave situado na costa norte de África rodeada por Marrocos. Separada da Península Ibérica polo estreito de Xibraltar, Ceuta é o límite entre o mar Mediterráneo e o océano Atlántico.
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2019.) |
Ceuta (es) سَبْتَة (ar) ![]() | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Territorio reivindicado por | Marrocos ![]() | ||||
Estado | España ![]() | ||||
Exclave de | España ![]() | ||||
Capital de | |||||
Capital | Ceuta ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 83.039 (2023) ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 18,5 km² ![]() | ||||
Bañado por | Mar Mediterráneo ![]() | ||||
Altitude | 10 m ![]() | ||||
Punto máis alto | Monte Anyera (349 m) ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Fundador | Púnico ![]() | ||||
Evento clave
| |||||
Día festivo | |||||
Santo padrón | Daniele Fasanella ![]() | ||||
Organización política | |||||
Órgano lexislativo | Asemblea de Ceuta , ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 51000–51999 ![]() | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 856 e 956 ![]() | ||||
ISO 3166-2 | ES-CE ![]() | ||||
Código NUTS | ES63 ![]() | ||||
Código INE | 51001 ![]() | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | ceuta.es… ![]() | ||||
![]() |
Marrocos reivindicou a súa anexión como parte do seu territorio pola súa proximidade xeográfica, xunto con Melilla e outros territorios españois de menor entidade no norte de África. O Goberno de España nunca estableceu negociacións de ningún tipo, xa que é parte do reino ibérico dende o século XVII.
Ceuta, como tamén Melilla, foi un porto libre antes de que España entrara na Unión Europea. En 2008 tiña unha poboación de 75.276 habitantes, formada por cristiáns, musulmáns e pequenas minorías de xudeus.
Foi considerada como parte da provincia de Cádiz ata o 14 de marzo de 1995, cando a cidade aprobou o seu Estatuto de Autonomía e quedou constituída como cidade autónoma, aínda que a Constitución española de 1978 recoñece o seu dereito a constituírse en comunidade autónoma.